viernes, 7 de noviembre de 2008

¿A xustiza é cega ou ten astigmatismo?

¡Ola! Son Lana, a cybercaniche socialista. En primeiro lugar, quero dar as grazas a moitas lectoras e lectores que se dirixiron a min para comentar o meu primeiro "post" titulado "Barack Obama". Recórdovos que podedes deixar as vosas opinións como comentarios en vez de enviarmas a min por correo, e dese xeito, todo o mundo poderá participar delas.

Onte os meus amitos foron de cocido... non me trouxeron sobras, pensando que un caniche non debe comer esas cousas, pero o que non se dan de conta é que os humanos non teñen nin idea do que nos convén ou nos deixa de convir aos cans; se o soubesen, seguro que non me daban penso, nin me sacaban a facer as miñas cousas cando chove. Estas son vellas reivindicacións dos caniches, segundo se reflectiu no XXXVI congreso de caniches progresistas, reivindicacións das que algún día os humanos terán que render contas.

Estou lendo a Voz de Galicia (os meus amitos sempre me deixan un papel na cociña por se me entra gana de algo, fora de horario) que trae unha noticia acerca dunha muller maltratada que foi condenada a 6 meses de prisión e 630 € de multa por un delito contra a administración de xustiza. A muller declarou que o seu home non a agredira, e que se inventou a denuncia porque estaba enfadada con él, cando logo se demostrou que o seu esposo a arrastrara polos pelos ao longo dun quilómetro.

Que mundo tan curioso este dos humanos... por que desde logo non está ben mentir nun xuizo, pero non é menos certo que a pobre señora en cuestión, seguramente mentíu por mor dun estado psicolóxico determinado que a levou a tomar esa decicisión. Din que a xustiza é cega, pero a min cústame crer que teña as mesmas dioptrías para todos; e cústame crer que este xuiz consiga convencer ás vítimas da violencia machista de que lle teñan máis medo á xustiza ca os seus agresores; e cústame crer máis ainda, que a determinación que se ten contra esta muller, sexa a mesma que se ten para que se cumpran as ordes de alonxamento e outras medidas para evitar este "via crucis" machista que vivimos día si e día tamén. E o que xa non me creo nin de cogna, é que o espírito desta sentenza emane do mesmo xardín no que se exculpaba, beatificaba e santificaba ao xuiz Tirado.

Pois de momento nada máis. Vou usar o xornal dun momento a outro. Ainda que os meus amitos non me deron a probar o cocido, esta noite guindeilles un chourizo da pota, e agora estou de apretón. Por certo, facelo no papeliño está moi ben:

1) Na cociña non vai frío.
2) Cando chegan os meus amitos e ven o pastel no xornal, póñense moi contentos, non sei por qué.
3) Danme un premio.

Non entendo moi ben cal é a diferenza entre facelo no xornal ou no medio e medio ca cociña, pero se a eles lles gusta así, ¿a min qué me custa?

Guau Guau
Lana Lanuska

1 comentario:

Anónimo dijo...

Lana, Lana, ... que pilla es!!. Eu aínda me lembro do día que estiven na casa dos teus amos, e non me soltabas a perna. Aí agarrada a facer movementos de cadera.

Un saúdo